Noticias
05/05/2020
Fundación Escola Rosalía
Na mañá do catorce de setembro de 1961 trinta e oito nenos e nenas traspasaron o limiar da Escola Rosalía de Castro. Alí agardaban por eles Antía Cal, «Tita», e outros dous profesores máis.
Hoxe, tras case sesenta anos de historia e varios milleiros de alumnos formados nesas aulas, a Fundación Escola Rosalía traballa pola defensa e promoción dos valores pedagóxicos nos que se asentou aquela escola pioneira e innovadora: o respecto, a tolerancia, a cooperación, a diversidade, a igualdade, a amizade, a xenerosidade, o compañeirismo.
Valores imprescindibles para unha convivencia pacífica. Valores esenciais para preparar aos nenos para a vida.
A estrela de «Tita», a nosa presidenta de honra, guía coa súa luz os nosos pasos.