Entrega do III Premio de Igualdade “Ernestina Otero” á Antía Cal

Entrega do III Premio de Igualdade “Ernestina Otero” á Fundadora da Escola e Presidenta de Honra da Fundación : Antía Cal

Benqueridas familias,

Informámosvos que dende o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo veñen de comunicarnos que teñen o pracer de convidar á cidadanía ao acto de entrega do III Premio de Igualdade “Ernestina Otero” á Fundadora da Escola y Presidenta de Honra da Fundación Escola Rosalía: Antía Cal.

Dito acto terá lugar mañá mércores, 18 de marzo, ás 19:00 h. no salón de actos do museo Verbum (Avda. Samil, 17). Información nos arquivos adxuntos.

Agradecemos a difusión desta información entre aos vosos contactos e amizades.

Saúdos,
Ángel Peteiro – Secretario
Fundación Escola Rosalía