Dende a Escola queremos agradecer a todos e todas os que fixeron posible que a Cea do 50 aniversario da Escola fose un gran éxtio o pasado sábado 21 de abril. Para todos os nosos parabéns! Esta é unha pequena mostra do evento.

A ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO TEN A HONRA DE CONVIDARTE Á CELEBRACIÓN DO SEU 50 ANIVERSARIO

Moito máis ca una Escola, 50 anos onde a confianza, o agarimo e o respeto foron os motores que levaron ao centro Rosalía de Castro á celebración do seu cincuenta aniversario. Dende os seus inicios conseguiu manterse como una escola “aberta, plural, acolledora e interclasista”.

Acto: 50 Aniversario da Escola Rosalía de Castro
Data: Sábado 21 de Abril
Hora: 19:00 horas
Lugar: Escola Rosalía de Castro. Ctra. Bembrive 91, Vigo

Programación

19:30 Saída en autobuses dende o Parque do Castro

20:00 Portas abertas á Escola.

20:30 Presentación do libro conmemorativo: “50 anos da Escola”

21:45

  • Apertura do acto.
  • Interpretación músical a cargo de alumnos da Escola.
  • Intervencións: Rafael Gutiérrez (director), Lorenzo Mateos (Presidente da Xunta Directiva e antigo alumno) e Antía Cal (fundadora do centro)

Intervención das Autoridades:

  • Excmo. Sr. Don Jesús Vázquez Abad, conselleiro de Educación da Xunta de GaliciaSra. Dona Raquel Díaz Vázquez, concelleira de Educación do Concello de Vigo
  • Audiovisual: “A historia da Escola en imaxes”
  • Cea a cargo do Catering Don Pepe
  • Actuación Musical do ex alumno: David Vázquez (Moon Cresta)