Aforo completo para as III Xornadas OAOA de Galicia

Esgotadas as prazas dispoñibles para asistir ás III Xornadas OAOA de Galicia, a Fundación Escola Rosalía abre unha lista de agarda para seguir recibindo solicitudes, aínda que tan só poderán ser atendidas no caso de que se produzan baixas ou anulacións de matrículas.

O enderezo electrónico para a atención das demandas a partir de hoxe martes 5 de marzo é inscripciones@fundacionescolarosalia.es

Agradecemos ao profesorado de infantil e primaria tanto o seu interese nesta actividade como o seu esforzo pola súa formación permanente e a mellora constante da calidade do ensino.