Antía Cal e María Xosé Queizán, Premio Otero Pedrayo

A presidenta de honra da Fundación Escola Rosalía, a pedagoga e mestra Antía Cal, e a escritora María Xosé Queizán, galardoadas co Premio Otero Pedrayo ó labor a prol da cultura e a galeguidade

Promovido pola Xunta de Galicia e mais as catro deputacións provinciais, o galardón concédese cos obxectivos de perpetuar a memoria de Ramón Otero Pedrayo, recoñecer o labor de contribución á cultura e aos valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións. O xurado otorgou este premio por unanimidade, nunha reunión celebrada na Coruña o xoves 25 de octubre de 2018.

Dúas grandes mulleres do noso país

Antía Cal

 

Antía Cal (A Habana, 1923), pedagoga, fundou en 1961 o Colexio Rosalía de Castro de Vigo e “marcou todo un fito no movemento de renovación pedagóxica de Galicia, xa que este centro se converteu inmediatamente nun foco de irradiación progresista de novas tendencias pedagóxicas e sensibilización galleguista”, segundo manifestaron os organizadores.

 

Maria-Xose-Queizan
María Xosé Queizán

 

María Xosé Queizán (Vigo, 1939), escritora, profesora e activista, “iniciou nos anos 50 a ampla traxectoria vital e profesional de compromiso coa lingua e cultura propias (…).  Defensora incansable do papel social da muller e iniciadora do movemento feminista galego, reivindica un feminismo único, racionalista e defensor dos valores de liberdade e igualdade”, tal como sinalan os responsables da concesión deste premio.