Charla-coloquio con Susana Rodríguez Gacio

Educar no deporte, valores para a vida. Susana Rodriguez

Susana Rodriguez Gacio.

Charla-coloquio con Susana Rodríguez Gacio

Subcampiona Mundial de Triatlón Paralímpico #rosalianos

Sala de Conferencias do Teatro Afundación

28 de setembro de 2017, 19.00 h

Esforzo, superación, disciplina, paixón, perseverancia… Existen unha serie de valores intrínsecos á práctica deportiva que en boa maneira pode ser responsables de conformar unha base persoal e profesional capaz de acadar o éxito.

Susana Rodríguez Gacio, antiga alumna da Escola Rosalía de Castro, acadou o pasado venres 15 de setembro a medalla de plata no Campionato Mundial de Triatlón Paralímpicocelebrado en Rotterdam (Países Baixos). A galega e a súa guía remontaron posicións durante o transcurso da proba ata chegar segundas (1’15’02”) trala campeona paralímpica australiana Katie Kelly, e subir unha posición con respecto ó podio do pasado Mundial.

 

A nosa campiona diplomouse no seu día en Fisioterapia para máis tarde cursar a carreira de Mediciña. Hoxe en día, en paralelo á súa carreira deportiva, está a facer a especialidade como médico residente en Medicina Física e Rehabilitación en Santiago de Compostela.

Susana padece albinismo oculocutáneo, unha condición xenética que afecta a unha de cada 17.000 persoas e que provoca unha falta de pigmento en pelo, pel e ollos e, por tanto, graves problemas de visión. Será un pracer coñecer de primeira man a súa historia, as súas vivenzas e experiencias, e celebrar con ela esta nova xesta.

Programa

19.00 h Recepción de asistentes

19.15 h Benvida e saúdo

  • Antonio Filgueira Carrera
  • Presidente do Padroado da Fundación Escola Rosalía

19.20 h Presentación

  • Jacobo Buceta Gallego
  • Xornalista deportivo

19.30 h “Educar no deporte, valores para a vida”

  • Susana Rodriguez Gacio
  • Subcampiona Mundial de Triatlón Paralímpico

20.15 h Coloquio

20.45 h Peche do acto

 

Para non perderte ningunha das nosas actividades aconsellámoste  que nos sigas nas nosas RRSS, Facebook, TwitterLinkedin.

Se queres porte en contacto connosco, para facernos unha suxerencia sobre unha charla, unha actividade que te gustaría que realizásemos, para algunha suxerencia sobre outro tema ou calquera cousa, podes deixarnos un comentario ou mandarnos un mail a info@fundacinescolarosalia.es.

Fundación Escola Rosalía, a Fundación de todos!