Somos conscientes que os alumnos da nosa Escola son na súa maioría castelán- –falantes , debido o entorno no que viven e tamén polas súas cincunstancias sociais. Dende que se fundou a Escola, xa a súa fundadora intententou introducir o galego nas aulas; e por iso podémonos considerar pioneiros na celebración do día das letras galegas, pois xa en 1963 celebrouse por primeira vez esta festividade.

Isto nesa época histórica era algo case prohibido polo las autoridades, o que demostrou un valor e unha aposta firme en defensa da nosa literatura e dos nosos autores Galegos.

Dende esa época todos os anos se veu celebrando a festividade do Día das letras Galegas, con diferentes actos, traballos, e exposicións de distintos materias elaborados polos alumnos, con referencia principalmente ao personaxe a quen se lle dedicaba ese día. Tamén se exponen traballos relacionados coas outras materias de estudo; así os alumnos de Educación Infantil, celebran o día do libro, onde os alumnos e alumnas coa participación dos pais escollen un libro e realizan con distintos materiais algunha escena ou personaxes sobre o contido do libro.

Agora dende fai anos esta festividades faise coincidir coa festa da Escola no mes de maio, onde se organizan actividades como bailes, xogos, colocación de postos para a venda de distintos produtos alimenticios, tómbolas; e en todas estas actividades os pais poden estar presentes e participar na festa.

Máis recentemente tamén se comezou a celebrar o Samaín no mes de novembro , onde se fan diversos traballos cos alumnos/as relacionados con esta festa, que estaba bastante arraiga na nosa cultura, sobre todo nos pobos e aldeas de Galicia; pois o cultos aos difuntos , os medos ás meigas e bruxos sempre estiveron presente na vida dos galegos e tamén na literatura. Neste día os alumnos e alumnas fan coas cabazas distintos traballos ben en papel ou coa cabaza orixinal