Pais e nais nunca deixamos de sorprendernos. E nunca deixamos de encarar desafíos e problemas, ás veces maiores, ás veces de menor importancia. Sexa como sexa, na fermosa e esixente tarefa de criar ós fillos, os adultos asumimos un desafiante reto e unha enorme responsabilidade. E ¿acaso sabémolo todo? Nin moito menos.

Por esta razón é para nós tan importante a nosa escola de familias. O noso obxectivo é atender e cubrir as demandas de formación en competencias, habilidades e coñecementos necesarios para desenvolver da mellor forma posible o noso rol como educadores.

Somos un centro aberto ás suxestións, inquedanzas e necesidades dos adultos en relación coa educación e a formación dos fillos. Actuamos como canle para transmitir e resolver as vosas dúbidas, pero tamén recolector de ideas e de iniciativas de interese para vós. E cremos firmemente que unha actitude activa das familias só pode servir para mellorar o labor da comunidade educativa.

Estamos na oficina da Fundación de luns a venres en horario de 8.00 h a 15.00 h de luns a venres, no teléfono 986 420 433 ext. 72 ou á vosa disposición a través do noso correo electrónico