Todos nós somos conscientes da importancia de dominar dúas ou máis linguas e, en especial, do valor do inglés no mundo de hoxe. Un dos símbolos identitarios e unha das razóns polas que as familias confían aos seus nenos e nenas á Escola Rosalía de Castro é o éxito rotundo da aprendizaxe do inglés.

No caso dos pais e nais, ás veces é moi difícil atopar tempo para practicar e animarnos a empregar a lingua de Shakespeare. Por iso poñemos en marcha os grupos de conversación, un ambiente distendido e relaxado con profesorado nativo, onde poderás:

  • Practicar inglés oral: listening and speaking
  • Almorzar mentres practicas o inglés
  • Participar en tertulias sobre temas de actualidade como contido principal das sesións

O prezo para asistir ó clube “English breakfast” é de 25 € ó mes se es membro da Asociación Escola Rosalía de Castro (35 €/mes para o resto de asistentes). ¡Anímate a vir a practicar con nós!

PREINSCRICIÓN ENGLISH BREAKFAST