Aberta a inscrición para as III Xornadas OAOA de Galicia

A Fundación Escola Rosalía celebra as III Xornadas OAOA de Galicia para formación do profesorado de infantil e primaria. Todos estamos capacitados para facer matemáticas; só hai que cambiar a maneira de abordalas.

O movemento OAOA abre as portas a un cambio radical para o ensino e a aprendizaxe das matemáticas, facendo desta materia unha ferramenta para a igualdade social, e non un instrumento de selección intelectual.

No marco de IMATXINA XV Edición, docentes de educación infantil e educación primaria de toda a comunidade autónoma están convocados a esta sesión de formación de profesorado o próximo 16 de marzo no Palacio de Congresos-Auditorio Mar de Vigo.

Para acudir a estas xornadas é imprescincible formalizar a inscrición previa e aboar o prezo da matrícula, de 25 €, antes do 8 de marzo.