«Imatxina na rúa» o 9 de novembro en Vigo

A Fundación Escola Rosalía celebra unha xornada de matemáticas lúdicas para toda a cidadanía. Convidámosvos a probar, a tocar, a sentir, a imaxinar, a manipular e a gozar cos nosos obradoiros.

Familias, mozos e maiores ¡Todos podemos facemos facer matemáticas! Vide a descubrilo.

Imatxina na rúa será un evento aberto a todo o público, unha xornada de participación cidadá na que compartir o entusiasmo da comunidade educativa e seguir avanzando no noso obxectivo de gozar coas matemáticas, sexa cal sexa a idade ou etapa vital de cadaquén.

«Imatxina na rúa» terá lugar o sábado 9 de novembro de 2019, de 11:30 h a 14:00 h, no centro comercial A Laxe (Rúa Cánovas del Castillo, nº 1) de Vigo.

Levaremos a cabo diferentes obradoiros, actividades divertidas, manipulativas e interactivas, combinando o espírito lúdico coa didáctica:

  • Construcción das Cúpulas de Leonardo
  • Xogos de estratexia
  • Soma
  • Pentacubos e hexamantes
  • Tangran
  • Construcción de poliedros

Os obradoiros serán dinamizados por un equipo de voluntarios apaixoados das matemáticas, alumnado e docentes da Escola Rosalía de Castro de Vigo, Colexio Santiago Apóstol, IES Álvaro Cunqueiro, CPR Quiñones de León, IES Alexandre Bóveda e IES As Barxas de Moaña.

As actividades serán de balde e podes acudir con toda a familia, porque maiores e pequenos, ímolo pasar en grande ¡Ven a gozar connosco!

¿Como participar?

  • Idade recomendada: De 8 a 99 anos
  • Non é necesaria inscrición previa.
  • Si precisas: ganas e vontade de aprender e pasalo ben ¡Agardámoste!

Esta iniciativa conta co apoio e colaboración do Centro Comercial A Laxe e da Área de Educación do Concello de Vigo.

Máis info: imatxina@fundacionescolarosalia.es