Programa de Voluntariado IMATXINA 2020

O programa educativo IMATXINA abre este ano unha nova actuación para a formación e a educación en valores, convidándovos a participar neste proxecto e a colaborar con nós a través do noso programa de voluntariado.

Se queres vivir unha experiencia enriquecedora, motivadora, ilusionante, aprender e gozar coas matemáticas dun xeito diferente, esta é a túa oportunidade.

É moi sinxelo: se es maior de idade e resides en Vigo, ponte en contacto con nós para coñecer a información de detalle. Chama ao 986 420 228 ou escribe a imatxina@fundacionescolarosalia.es

Ademáis, se estás a cursar estudos na Universidade de Vigo, a túa acción voluntaria conleva a obtención de créditos ECTS grazas ao convenio de colaboración asinado entre ambas entidades. Infórmate!

Como facerte voluntario da UVIGO:

https://www.uvigo.gal/campus/voluntariado-cooperacion/voluntariado/comunidade-voluntariado

Voluntariado IMATXINA 2020 a través da UVIGO: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/104

Agardámoste!