Todos nós somos conscientes da importancia de dominar dúas ou máis linguas e en especial, do valor do inglés no mundo de hoxe. De feito, un dos símbolos identitarios polo que moitas familias dende hai xa décadas confían aos seus nenos e nenas á Escola Rosalía de Castro é o éxito rotundo da aprendizaxe do inglés.

Por outro lado, sabemos que a mellor das aprendizaxes é aquela que adquirimos directamente co valor do exemplo. Pero para os pais e nais ás veces é imposible practicar, gañar soltura e animarnos a empregar cos nosos fillos a lingua extranxeira.

Por iso a Fundación Escola Rosalía organiza esta reunión semanal que se desenvolverá en Vigo tódolos martes lectivos para:

  • Practicar inglés oral, listening and speaking
  • Almorzar mentres practicas o inglés
  • Formar parte dun grupo de adultos, todos país e nais da Escola Rosalía de Castro, nun ambiente distendido e relaxado, emprengando temas de actualidade como contido principal das sesións

Formaremos os grupos en función do número de inscricións, así que indícanos cal é o teu horario preferido:

Grupo 1: de 8.45 h a 9.45 h | Grupo 2: de 13.15 h a 14.15 h | Grupo 3: de 16.15 h a 17.15 h

O prezo para asistir ó clube “English breakfast” é de 25 € ó mes se es nai ou pai do Rosalía, ou ben de 35 € para o resto de asistentes ¡Anímate a vir a practicar con nós!

INSCRÍBETE