FORMACIÓN DO PROFESORADO

A aprendizaxe inversa: Flipped Learning

Fundamentos e aplicación práctica con Raúl Santiago

Este curso, específico para docentes, terá lugar en Vigo o sábado 19 de xaneiro de 2019, de 9.30 h a 18.00 h

Di Raúl Santiago que “a tecnoloxía non transforma a educación; unha boa metodoloxía, si”. Así que quizais chegou o momento de que nos fagamos algunhas preguntas porque, en maior ou menor medida, convives coa tecnoloxía ¿verdade? ¿Cres que podería ser a túa aliada, dentro e/ou fóra da aula? ¿Gustaríache sacarlle partido e utilizala como ferramenta ó servizo da aprendizaxe?

E desde o teu enfoque pedagóxico ¿es partidario da utilización de metodoloxías activas na aula? ¿Queres aprender a “darlle a volta” á clase? O modelo “Flipped Learning” pon o foco na aprendizaxe do alumno, non na ensinanza do mestre. Ven a descubrilo con Raúl Santiago, experto de máximo recoñecemento en España no modelo Flipped Classroom (FC).

Descarga aquí o folleto do Curso sobre Flipped Learning en Vigo

A Fundación Escola Rosalía organiza este curso co obxectivo de contribuir á mellora da práctica docente. Só nos faltas ti.

Solicita aquí a túa inscrición no curso Flipped Learning