Familias, mozos e maiores, todos podemos facemos facer matemáticas. Convidámosvos a probar, a tocar, a sentir, a imaxinar, a manipular e a gozar cos nosos obradoiros.
Imatxina na rúa é un evento aberto a todo o público, unha xornada de participación cidadá na que compartir o entusiasmo da comunidade educativa e seguir avanzando no noso obxectivo de achegar as matemáticas a toda a cidadanía.

A primeira edición de «Imatxina na rúa» tivo lugar o sábado 9 de novembro de 2019 no centro comercial A Laxe de Vigo cun gran éxito de participación.
¿Que facemos?
De xeito simultáneo desenvolvemos seis obradoiros diferentes nos que tomar parte rapaces e adultos de tódalas idades:
- Construcción das Cúpulas de Leonardo
- Xogos de estratexia
- Soma
- Pentacubos e hexamantes
- Tangran
- Sólidos platónicos
Moi pronto organizaremos unha nova xornada para que ti tamén poidas vir a experimentar e vivir as matemáticas con todos os sentidos. Estade atentos! Máis info: imatxina@fundacionescolarosalia.es