A Fundación Escola Rosalía é unha entidade sen ánimo de lucro constituida para promover o interese xeral por medio da EDUCACIÓN EN VALORES. Declarada de interese galego o 29 de xullo de 2013, a Fundación traballa na promoción e fomento dos valores democráticos do respecto, a cooperación, a solidariedade, a tolerancia, a igualdade e os demais valores cívicos establecidos nas bases pedagóxicas da Escola Rosalía de Castro de Vigo.

Inspirada no modelo educativo da fundadora da Escola Rosalía, Antía Cal Vázquez, a Fundación fundamenta o seu traballo no espírito de confraternidade, relacións, axuda e colaboración entre todos os membros da comunidade educativa.